Ir al contenido principal

Split MCD M.U.G.R.E. / ULTRAXE

Primeira edición do 2021. 
Xa está disponible o MCD Split de M.U.G.R.E. e ULTRAXE, Grind feito na Galiza!!!
Prezo 5 ULTRAX€S (gastos de envío non incluidos), info e reservas en loitaunderground.diy@gmail.com

Ultraxe nace nas recónditas e profundas cloacas de Pontemierda, alá polos emisarios de placeres ría arriba. Dos restos de Demodeus, os seus tres supervivintes: Pablo o baixo (o único dos tres que sabe tocar), Juan a guitarra (quere tocar como o de Dying Fetus pero non lle chega nin o de Ramones) e Iván a batería (polo menos o tenta...), deciden retomar a sua actividade musical, moi o pesar dos veciños colindantes o local de ensaio. As suas decadentes vidas xa non tiñan sentido algun, xa non había ningunha razón pola que seguir vivindo ata que, mentres compartían xeringuilla debaixo da ponte a cal foi o seu fogar durante anos, onde día a día escoitaban os estridentes cantares de suas xa amigas as ratas, toman a decisión de arrexuntarse e facer algo diferente a Demodeus. Compoñen temas cada cal máis  malo que outro, tentan mal-mezclar estilos coma o grind, punk, heavy, death, hardcore... A temática das letras trata sobre guerras, caos, morte, robo de marcos de leiras e amor entre homes. Ou sexa, algo parecido o que mezclou a jipi da piscina ca liou parda. 
 Xa tiñan temas. Necesitaban un vocalista, necesitaban a alguen que lles recordara as  ratas daquela ponte para non volver a caer. Ese home era Jacobo (canta como unha rata cando lle pisas a cola). E xuntos son Ultraxe. Se queres coñecelos vete a algún concierto e deixalles una axudiña.

M.U.G.R.E. aka Makinas Umanas Generan Rencor Emocional é unha One Man Band afincada en Vigo que xurde en 2015 no Pub Frenopatiko. Death/Grind con letras escasas pero cargadas de protesta, raiba e mala oxtia. Este terceiro split foi grabado en dous días durante o peche por desaloxo do Frenopatiko e está cargado do espirito deses duros días. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Split M.U.G.R.E., Kädaverico, Enghendrix, Distrofia

Xa disponible o Split en vinilo 12" de M.U.G.R.E., Kädaverico, Enghendrix e Distrofia, coeditado por Loita Underground, Romantic Songs, Speedhammer Prods. E Enfermo Distro. Prezo 15 €. M.U.G.R.E. presenta 4 temas cargados de Death Grind coas intros habituais e centrado na decadencia do capitalismo e os estados chamando o seu ep Sistema Envenenado. Kädaverico traen 4 temas de un grind/Crust rápido y potente cargado de intros subversivas. Enghendrix presentan 3 temas de HC/Crust metalizado incluindo un tema gravado en directo no Tronko Bar. Distrofia qmosan y ha grabación sen pausa con 8 temazos de mince core Feito na Ghalisia Exterior (Pt). (Portada e deseño por Mark Berserk) Mais info e reservas en:  loitaunderground.diy@gmail.com

Domingo 10 de Maio: Chaos + Nuclear Warfare + M.U.G.R.E., Fundición Nautilus, Vigo

Tras un impas retomo as entradas do blog cunha nova aventura da Loita Underground , On Fire Booking agency e a Fundición Nautilus coa organización do laboratorio de Ruido de fai duas semanas e desta volta o Tour Europeo dos Alemans Nuclear Warfare presentando novo álbum e así Mesmo os Chaos dende India, M.U.G.R.E. ven coas pilas cargadas do seu minitour por Chile e Brasil e os concertos do Buril (Sarria) e o Tronko Bar (Pontevedra). Ademáis dos concertos haberá un mercadillo subterráneo e unha charla sobre a escena vista dende os dous continentes baseada na experiencia de moitos anos traballando xuntos. Domingo 10 de Maio. Apertura 16:00.  Taquilla inversa. Para mais info:  loitaunderground.diy@gmail.com

Split Tape M.U.G.R.E./Vlxurfz/VRK

Directo en Castrelo do Miño; Split tape M.U.G.R.E. / Vlxurfz / VRK . Nigra Mors apresenta unha nova edición totalmente D.I.Y. gravada en Directo en Castrelo de Miño no verán de 2024 en dúas actuacions a carón do río Miño. Colabora Speed Hammer prods . E mais edicions de Nigra Mors   Para mais info: nigramors@hotmail.com