Ir al contenido principal

Sábado 28 de Maio, Festi Fundi no Cuarenta (Vigo)

A Fundición Nautilus presenta o vindeiro Sábado 28 de Maio Festi Fundi.
Un evento colaborativo cuxos froitos adicaranse á habilitación do noso novo espacio multidisciplinar.
Coa inestimable participación do Cuarenta, abríndonos as portas, do obradoiro Fango, coa súa artesanía, e as músicas de Joao Tomba, Los Bóvidos, M.U.G.R.E. e Seis Pisos coas súas teimas faremos un festival de serán.
Despois de 30 anos no mesmo local a Fundición Nautilus -fundada no 1992 por Xosé Guillermo coma espazo artístico- , 30 anos de intervencións artísticas, teatro, danza, música, exposicións, obradoiros, ensaios, local social, integración coa veciñanza e máis, traslada a súa sede.
Pra reflotar a nave e mantermos estas actividades precisamos da vosa axuda e colaboración
Acudide e disfrutade 
 no Cuarenta r/ Rosalía de Castro 29 Vigo


Comentarios

Entradas populares de este blog

M.U.G.R.E. Tour Sistema Envenenado 2025

Novas datas no Tour Sistema Envenenado de M.U.G.R.E. presentando temas do derradeiro Split con Enghendrix e o próximo Split en Vinilo con tres bandazas da Península Ibérica. Estamos tamen a traballar no Split live tape con Vlxurfz e VRK, gravado en Castrelo do Miño e o Split flexi 7" con Ras e Global Horror gravado en directo no seu concerto no Ateneu Federica Montseny en Vila Real (Castellón). Para mais info contactade polo mail: loitaunderground.diy@gmail.com Derradeiras edicions, Vinilos 14 €, tapes 7€: Global Horror "Decrepit Brains", Tape Corteza Inhumana / Algo "Split", Vinilo 12 " Crucifucked, Vinilo 12 " Obstetra "Nuclear Powerviolence" CD, 10€ M.U.G.R.E./Enghendrix "Split Nautilus", CD 5 € Split Extremo Norte: M.U.G.R.E./Caphre/Metator/Obstetra, CD 8€ Split Agathocles/M.U.G.R.E/VRK CD 8 €

Split Tape M.U.G.R.E./Vlxurfz/VRK

Directo en Castrelo do Miño; Split tape M.U.G.R.E. / Vlxurfz / VRK . Nigra Mors apresenta unha nova edición totalmente D.I.Y. gravada en Directo en Castrelo de Miño no verán de 2024 en dúas actuacions a carón do río Miño. Colabora Speed Hammer prods . E mais edicions de Nigra Mors   Para mais info: nigramors@hotmail.com

Próximamente na Loita Underground: Herba: Ideación Suicida.

ideación suicida é o álbum debut do trio pontevedrés Herba, influenciados por grupos coma Tenue, Crossed e VIBORA, presentan un disco cargado de sons reminiscentes ao black metal e o crust punk cun xiro máis "emoviolento". créditos: Publicado o 7 de marzo de 2025 Música escrita por Herba Gravación, produción, mestura e master por Alejandro “Melo” Omil Carracelas (@meloxdeath) Temas #4 e #7 coescritos por Mario Seijas Baixo interpretado por Mario Seijas no tema #4 Tema #8 coproducido por Roi xEaranx (@earanxmusic) Letras escritas por Alejandro “Melo” Omil Carracelas Portada e contraportada feitas por Tami Prieto (@aura.noctis/@taminoctis) Deseño do layout por Eduardo Rivas Luveiro (@_hicsvntdracones_) Derradeiras edicions, Vinilos 14 €, tapes 7€: Global Horror "Decrepit Brains", Tape Corteza Inhumana / Algo "Split", Vinilo 12 " Crucifucked, Vinilo 12 " Obstetra "Nuclear Powerviolence" CD, 10€ M.U.G.R.E./Enghendrix "Split Nautilus...